Incendio sen vítimas na Agrela, en Alfoz

O lume, controlado polos bombeiros de Barreiros, só causou danos materiais no baixo dunha vivenda

Parque de bombeiros. SALVAMENTO LUGO

Un incendio nun baixo dunha vivenda na Agrela, na parroquia alfocense de Lagoa, sen prexuício para a saúde das persoas, xa que ninguén tivo que recibir asistencia médica. O lume, que puido orixinarse nalgún dos electrodomésticos que había no local, só causou danos materiais.

A Axencia Galega de Emerxencias recibiu o aviso do incendio sobre as 14.42 horas. Mobilizáronse ata o lugar do suceso bombeiros do parque de Barreiros e integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, que poideron controlar o lume.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here